Subvencións destinadas a entidades e asociacións socioculturais de Cedeira para o ano 2025.
Subvencións en modalidade de concorrencia competitiva.
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, unha vez publicada a convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Requisitos:
a. Estar inscritas no Rexistro Municipal de asociacións do Concello de Cedeira, cos datos actualizados ou presentada a solicitude de actualización.
b. Ter os estatutos adaptados á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
c. Non contravir o regulado na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia.
d. Estar en posesión dun seguro de responsabilidade que cubra os danos derivados da actividade da entidade fronte a terceiros.
e. Se é caso, ter debidamente xustificadas as subvencións concedidas polo Concello de Cedeira en anos anteriores.
f. Non ter deberes tributarios pendentes co Concello de Cedeira, a Administración Tributaria, a Xunta de Galicia (ATRIGA) ou a Seguridade Social.
Máis información:




Comments