Subvencións destinadas a entidades e clubs deportivos de Cedeira para o ano 2025.
Modalidade:
Réxime de concorrencia competitiva.
Requisitos:
a) Estar inscrito/a no Rexistro Municipal de Asociacións, coa documentación actualizada ou ter solicitada a actualización.
b) Estar inscritos/as en Rexistro de Entidades deportivas da Comunidade Galega, coa documentación actualizada ou ter solicitada a actualización.
c) Será indispensable para optar á subvención ter xustificada a concedida, no seu caso, o ano anterior.
d) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que cubra os danos derivados da actividade do club fronte a terceiros.
e) Acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, na forma que se determine regulamentariamente.
f) Non ser sancionado/a mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei Xeral Tributaria.
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial de la Provincia, unha vez publicada a convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Máis información:




Comments