II concurso de fotografía "Un paraíso ilimitado 2025"
Apamex organiza o concurso de fotografía “Un paraíso ilimitado”, en colaboración coa Deputación Provincial de Cáceres.
Requisitos:
-Os traballos deben recoller imaxes que plasmen todas aquelas situacións, e actividades que facilitan a plena accesibilidade universal da cidadanía nos ámbitos dos Espazos Naturais e no patrimonio Histórico Monumental da provincia de Cáceres.
-As fotografías presentaranse en formato dixital (JPG) cunha resolución mínima de 300 ppp e unhas dimensións mínimas de 18x 24 cm e máximas de 30x40 cm. A capacidade máxima que debe ocupar o arquivo será de 5 MB. As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor. Non se aceptarán montaxes fotográficas.
Premios:
1º Premio: 1.500 €
2º Premio: 500 €
3º Premio: 500 €
4º Premio: 500 €
5º Premio: 480 €
Máis información:
APAMEX
Tel: 924 220 750
E-correo: apamex@cocemfebadajoz.org
eventos.dip-caceres.es




Comments