Ir o contido principal

A USC convoca prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde

A Universidade de Santiago de Compostela publicou a Resolución do 1 de setembro de 2025 pola que se convoca un concurso público para a provisión de prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde (PACS).

A convocatoria, autorizada pola Comisión Mixta USC-Sergas e aprobada polo Consello de Goberno da universidade, establece as bases polas que se rexerá o proceso, que inclúe requisitos xerais e específicos de participación, o procedemento de solicitude e a documentación que se debe presentar.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude unicamente por medios electrónicos a través da aplicación de concursos dispoñible na sede electrónica da USC. O prazo de presentación é de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entre outros aspectos, a resolución regula tamén os dereitos de exame, os procedementos de admisión de aspirantes, a valoración de méritos e o desenvolvemento do concurso, así como as condicións de contratación do persoal seleccionado.

📌 Toda a información detallada pode consultarse no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/sede/publica

DOG 177

Comments