Ir o contido principal
IGUALDADE

A Deputación da Coruña convoca o XII Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade de xénero

A Deputación da Coruña, a través do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, vén de aprobar as bases do XII Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade de xénero (2025).

Este galardón, dotado con 15.000 €, ten como obxectivo recoñecer o labor dos centros educativos públicos da provincia que desenvolvan proxectos destinados a fomentar a igualdade entre mulleres e homes, a prevención da violencia de xénero e a promoción de valores como o respecto, a tolerancia e a diversidade.

Beneficiarios/as

Poderán participar os centros educativos públicos da provincia da Coruña que presenten un único proxecto enmarcado nalgunha das seguintes modalidades:

  • Educación infantil

  • Educación primaria

  • Educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e de grao medio

Cada modalidade contará cun premio de 5.000 €.

Prazo e presentación

As candidaturas deberán presentarse exclusivamente de maneira telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña (https://sede.dacoruna.gal/Subtel/).
O prazo de presentación fixarase no anuncio da convocatoria publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Obxectivo

O premio busca premiar proxectos que fomenten a igualdade real entre mulleres e homes, a non discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, e a implicación da comunidade educativa na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

📌 As bases completas poden consultarse no BOP da Coruña (nº 175, do 15 de setembro de 2025).

Comments