Convocatoria para Técnico en Educación Infantil na Escola Infantil Municipal de Cervo
A Alcaldía de Cervo, mediante o Decreto 2025-0873 de data 11/09/2025, fai pública a convocatoria e o proceso de selección de un (1) Técnico Superior en Educación Infantil, como persoal funcionario interino por programa, cunha xornada do 60%.
O obxectivo desta contratación é a execución do “Programa de Fomento de Boas Prácticas Alimentarias, Misión: Comer con Xeito” durante 3 anos.
As bases e a convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e no taboleiro de anuncios da web municipal: http://cervo.sedelectronica.es
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.




Comments