Convocatoria de contratación: Administrativo/a interino/a en Paradela
O Concello de Paradela aprobou a convocatoria para a selección de 1 administrativa/o, funcionaria/o interina/o, no marco do Programa de Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025. A contratación será a xornada completa e terá unha duración de 11 meses, finalizando o 31 de outubro de 2026.
O proceso de selección realizarase mediante concurso-oposición e os/as aspirantes deberán cumprir os requisitos legais de nacionalidade, idade, capacidade funcional, titulación académica (Bacharelato, Formación Profesional de 2º grao ou equivalentes) e coñecemento da lingua galega (CELGA 4), entre outros. Tamén se require que os candidatos/as se atopen en situación de desemprego ou mellora de emprego.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Paradela, na sede electrónica (https://paradela.sedelectronica.es) ou segundo o previsto na Lei 39/2015. O prazo de presentación será de cinco (5) días hábiles desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP 212, 15 de setembro de 2025).
Toda a información, bases e modelos de instancia están dispoñibles na páxina web do Concello (www.paradela.es) e na sede electrónica.
Para máis información sobre o procedemento e os requisitos, os interesados/as poden consultar o Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou dirixirse ao Concello de Paradela.




Comments