Ir o contido principal
BOLCSIC25

Bolsas de introdución á investigación “JAE Intro ICU 2025”

A Presidencia da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas M.P. ( CSIC) ha resolvido convocar bolsas orientadas a estudantes de universidade de grao ou de máster co obxectivo de que se inicien na actividade investigadora, facilitando a súa colaboración nas diferentes estruturas de investigación coas que conta o CSIC, onde se desenvolve a actividade científica e técnica do CSIC, institutos de investigación, centros nacionais, e unidades técnicas.
-Convócanse ata un máximo de 432 bolsas de introdución á investigación para estudantes universitarios con alto nivel de rendemento académico.
-Reservarase a cota legalmente establecida (5%) ás persoas solicitantes que teñan a condición legal de persoas en situación de discapacidade.
-A bolsa terá a consideración de axuda económica para a formación. A contía total da axuda e o número de mensualidades en que se abonará indícase en cada Ficha Descritiva establecida por cada instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión, e será abonada mensualmente.
-As solicitudes cumprimentaranse unicamente utilizando a aplicación telemática https://www.convocatorias.csic.es/convoca/, dispoñible na sede electrónica do CSIC (https://sede.csic.gob.es/icu2025).

Requisitos:
Poderán solicitar as axudas desta convocatoria as persoas físicas maiores de idade, de nacionalidade española ou dos estados membros da Unión Europea e dos estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como os estranxeiros que reúnan e acrediten os seguintes requisitos no momento de presentar a solicitude:
-Estar matriculado nun grao universitario oficial dos indicados en cada ficha descritiva á que opta na súa solicitude e ter superados, polo menos, o 50% dos créditos "European Credit Transfer and Accumulation System" (en diante ECTS) ou ben, estar matriculado nun máster universitario oficial dos indicados na ficha descritiva á que opta na súa solicitude no curso académico 2024-2025 ou no curso 2025-2026.
-Acreditar unha nota media de grao nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior ao indicado na ficha descritiva do instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión que se solicita.
-Cumprir os requisitos xerais desta convocatoria e os específicos establecidos na ficha descritiva establecida do instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión á que opta na súa solicitude.
-Non estar en posesión ou en disposición legal de obter o título académico de Doutor/a.
-Non gozar dunha axuda para un contrato de investigación.
-Non ser persoa beneficiaria dunha bolsa do Programa JAE en calquera das súas modalidades.

Dotación:
A dotación máxima destinada a este programa é de 1.948.450,00 euros.

Convoca:
Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas

Dirección:
Consello Superior de Investigacións Científicas
C. de Serrano, 117 · 915 68 14 00

Máis información:
https://www.csic.es/es

 

Comments