O Concello de Ourense convoca 14 prazas de bombeiro/a-condutor/a
O Concello de Ourense vén de aprobar as bases específicas e o temario para a provisión de 14 prazas de bombeiro/a-condutor/a, incluídas na Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2024.
A convocatoria, aprobada por Decreto de Alcaldía do 28 de agosto de 2025, establece que o proceso selectivo se desenvolverá mediante concurso-oposición.
Poderán participar todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases, entre eles:
-
Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos do artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público.
-
Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
-
Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou equivalente, así como dos permisos de condución B e C+E.
-
Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As bases completas, así como o temario e o modelo de instancia, poden consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense e no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).




Comments