Ir o contido principal

A Pontenova abre un proceso selectivo para a contratación dun auxiliar administrativo

O Concello da Pontenova aprobou, mediante decreto da Alcaldía de data 12/09/2025, as bases que rexerán o proceso selectivo para cubrir, mediante concurso-oposición, un posto de auxiliar administrativo como funcionario interino.

A contratación será a xornada completa durante tres meses, no marco do proxecto subvencionado “Proxecto Piloto de Videoasistencia a Maiores e Emprendemento Asociado”.

📌 Prazo de presentación de instancias: cinco días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.
🕘 Horario de presentación presencial: de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello da Pontenova (Praza do Concello s/n – 27720 – A Pontenova).
💻 As solicitudes tamén se poderán presentar a través da sede electrónica municipal ou polas vías previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

As bases completas están dispoñibles na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello, tanto físico como electrónico.

Comments