III Familia Delas Fest
III Familia Delas Fest: abertas as inscricións para este xoves 18! @departamentodelingua
.
🌳 Este xoves pola tarde terá lugar nos Arcos do Parque de Bonaval o terceiro Familia Delas Fest, unha actividade interxeracional para descubrir e xogar co spray e a pintura, achegándonos en familia á arte urbana. Pasaremos unha tarde ao aire libre experimentando con estas técnicas artísticas entre crianzas e adultas
.
🔸 No caso de chover, a actividade trasladarase ao Espazo Apego.
.
❗Aínda que as prazas son limitadas, organizarémonos en dúas quendas -desde as 17h ás 18:00h e desde as 18:15 ás 19:15h- así que non deixedes de inscribirvos!
.
🩳 Lembrade traer roupa cómoda e que se poida manchar!
.
📝 Inscrición para a actividade de balde no seguinte formulario
.
O programa é posible grazas á liña de subvencións da Deputación da Coruña @culturadadeputaciondacoruna, ao concello de Santiago de Compostela @compostelacultura; e ao patrocinio de @montana_colors, @ibersapinturas @elmundodelpintor, @alroalquiler e @gadis.supermercados, así como á colaboración de @cafescandelas, @galletasmarinerass e o Espazo Apego @departamentodelingua
.
Ilustración de @comoelfriocuandoquema con deseño de @juliagyanez




Comments