Ir o contido principal
preleMED25

Premios a Plans de Lectura no ámbito escolar curso 2024-2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca os Premios a Plans de Lectura no ámbito escolar co fin de mellorar a competencia lectora e o tratamento da información e fomentar o pensamento crítico e a creatividade no alumnado dos centros educativos que impartan Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, Ciclos formativos de Formación Profesional, Educación especial e Educación de persoas adultas.

Requisitos:
-Poderán optar a estes premios centros educativos españois sostidos con fondos públicos que impartan os ensinos de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de Formación Profesional, aos centros de educación de persoas adultas e aos centros de educación especial, que desenvolvan un proxecto de plan de lectura no centro.
-Os participantes e beneficiarios do proxecto de plan de lectura deberán ser principalmente estudantes do centro, aínda que tamén se poderían unir outros membros da comunidade educativa.

-Para acceder a esta convocatoria, o centro deberá cumprimentar o formulario de solicitude que será accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, seguindo o roteiro que se indica a continuación: Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes> Servizos aos cidadán> Trámites e servizos de Educación> Centros docentes> Premios.
-O rexistro da solicitude realizarase de maneira telemática mediante certificado electrónico emitido por algunha autoridade de certificación recoñecida.
-As solicitudes e escritos poderán presentarse en calquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Dotación:
Categoría 1
Modalidade A: 2 premios de 7500€
Modalidade B: 2 premios de 7500€

Categoría 2
Modalidade A: 4 premios de 7500€
Modalidade B: 4 premios de 7500€
 
Convoca:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Dirección:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Cale Alcalá, 34.
28014 Madrid

Máis información:
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html

 

Comments