Ir o contido principal

Convocatoria dunha proba de aptitude para a obtención do permiso municipal de condutor/a de taxi en Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo vén de aprobar a resolución 2025-1900, do 12 de setembro de 2025, pola que se convoca unha nova proba de aptitude para a obtención do permiso municipal de condutor/a de auto-taxi.

A convocatoria rexe segundo o Regulamento do servizo público de transporte de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con condutor do Concello de Sanxenxo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia para presentar a súa solicitude, ben no Rexistro de entrada do Concello ou a través das canles previstas na Lei 39/2015. O modelo de solicitude figura no Anexo I da resolución.

A proba, de carácter oral, avaliará o coñecemento das vías públicas, lugares de interese turístico, edificios públicos, monumentos, principais hoteis e itinerarios máis directos para chegar aos puntos de destino.

A lista provisional de admitidos/as e excluídos/as publicarase na sede electrónica municipal e no taboleiro de edictos, abríndose un prazo de 5 días para posibles correccións.

Toda a información relativa á convocatoria poderá consultarse no portal web do Concello de Sanxenxo: https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal

BOPPO

Comments