Ir o contido principal
camonila25

Campamento para Monitores e Monitoras

O grupo informal Monitorado Activo  organiza o Campamento para Monitores e Monitoras o 3, 4, e 5 de outubro no pavillón municipal de Lalín.

Trátanse dunhas xornadas de formación e de intercambio de experiencias para profesionais no tempo libre,
que leva desenvolvendo desde fai máis de dez anos.

O obxectivo final da actividade é propiciar unha contorna de reflexión e interacción entre
os profesionais deste campo. Traballaranse os aspectos formativos, de programación e de valoración
do labor educativo que se desenvolven nas actividades de lecer e tempo libre.

Unha iniciativa financiada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través do programa
Iniciativa Xove, que permite que sexa totalmente gratuíto. Conta co apoio do Concello de Lalín.

O prazo está aberto ata o 29 de setembro.

Os interesados/as deberán mandar a súa solicitude ao correo monitoradoactivo@gmail.com.

 

Comments