Ir o contido principal
CIVIL

A Xunta convoca cursos de formación continua para o persoal voluntario de protección civil de Galicia

A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) vén de publicar a convocatoria de cursos de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil (AVPC) da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao segundo semestre de 2025.

O obxectivo é reforzar as competencias deste colectivo que forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, en cumprimento do establecido na Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

Entre as accións formativas programadas inclúense cursos presenciais, en liña e semipresenciais sobre temáticas como:

  • Accidentes na estrada (12 de novembro – 4 de decembro).

  • Actuación inicial coas vítimas de violencia de xénero (7 – 30 de outubro).

  • Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas (19 – 20 de novembro).

  • Busca de persoas desaparecidas no medio rural con equipos caninos e outros medios (22 – 24 de outubro).

  • Google Earth para dispositivos de emerxencia (15 – 31 de outubro).

  • Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias (5 – 26 de novembro).

O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de setembro de 2025, a través da sede web da Agasp (http://agasp.xunta.gal).

As persoas interesadas deberán cumprir requisitos como ter superado o curso básico de protección civil, estar inscritas como voluntarias activas na súa AVPC e figurar no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Xunta.

Para máis información ou dúbidas, a Agasp pon á disposición os teléfonos 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11, así como o correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal

DOG 180

Comments