Convocatoria para cubrir unha praza de Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola no Concello da Coruña
O Concello da Coruña publica as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, por quenda libre, dunha praza de Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola (subgrupo A2) da escala de Administración Especial, incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2023 (C.E. 11/23).
O proceso de selección realizarase mediante oposición, e está aberto a persoas que posúan ou poidan obter a titulación universitaria correspondente. O prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto no BOE.
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello da Coruña no procedemento “Participación en probas selectivas”. As persoas aspirantes poderán solicitar adaptacións das probas en caso de discapacidade e deberán aboar unha taxa de 19,89 €, con exencións para determinadas circunstancias.
O proceso consta dunha fase de oposición con varios exercicios, incluíndo cuestionario tipo test, suposto práctico, desenvolvemento de temas do temario e proba de coñecemento do galego. A puntuación final determinará a adxudicación da praza, podendo elaborarse tamén listaxes de interinos para cobertura temporal.
Para máis información sobre os requisitos, o temario completo e o procedemento de presentación de solicitudes, as persoas interesadas deben consultar o Boletín Oficial da Provincia e a páxina web do Concello da Coruña.




Comments