Ir o contido principal

O Concello de Sarreaus convoca unha praza de Traballador/a Social dentro da Oferta de Emprego Público 2024

O Concello de Sarreaus abre o proceso selectivo para cubrir, en propiedade, unha praza de Traballador/a Social incluída na Oferta Ordinaria de Emprego Público 2024, aprobada por Decreto da Alcaldía o 25 de decembro de 2024 (BOP nº 50, 14 de marzo de 2025) e publicada no DOG nº 56, do 21 de marzo de 2025.

A convocatoria realiza­se mediante oposición libre e está dirixida a persoas que cumpran os requisitos establecidos na normativa estatal e autonómica para o acceso a prazas de persoal funcionario de carreira. Entre os principais requisitos atópanse:

  • Nacionalidade española ou nacional dos estados membros da UE.

  • Idade mínima de 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Titulación universitaria de grao en Traballo Social ou equivalente (nivel 6 do Marco Europeo de Cualificacións).

  • Acreditar coñecemento da lingua galega ou superar proba eliminatoria de tradución.

  • Capacidade funcional, habilitación e ausencia de causas de incompatibilidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOE. As solicitudes poderán entregarse de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Sarreaus ou en calquera lugar habilitado pola Lei 39/2015, e tamén de forma telemática a través da sede electrónica: https://concellosarreaus.sedelectronica.gal

O proceso de selección consta dunha fase previa de proba de tradución galego-castelán e castelán-galego, seguida dunha fase de oposición con exercicios teórico, teórico-práctico e práctico, cunha valoración de 0 a 10 puntos en cada proba e superación obrigatoria de 5 puntos.

Toda a información, bases completas e anexos están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Sarreaus: https://concellosarreaus.sedelectronica.gal

BOP OURENSE

Comments