Axudas á Educación Infantil en Vilagarcía de Arousa, curso 2025-2026
O Concello de Vilagarcía de Arousa abre a convocatoria de axudas á Educación Infantil para familias con nenos e nenas matriculados/as nos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas do municipio, para o curso 2025-2026.
Estas axudas teñen como obxectivo apoiar ás familias na escolarización non obrigatoria dos seus fillos e fillas, promovendo o desenvolvemento integral dos menores desde os 3 meses ata os 6 anos, en etapas 0-3 e 3-6 anos. O importe da axuda será de 70 € por alumno/a.
Beneficiarios/as: Poden solicitar estas axudas as unidades familiares residentes en Vilagarcía de Arousa con menores matriculados nas etapas 1ª ou 2ª de Educación Infantil, sempre que non superen os límites de renda establecidos nas bases.
Solicitudes e documentación:
-
As solicitudes poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais, no de Educación, no servizo de información municipal ou descargarse na sede electrónica do Concello.
-
O prazo de presentación será desde o día seguinte á publicación no BOP de Pontevedra ata o 10 de outubro de 2025.
-
A documentación inclúe o impreso de solicitude, NIF/NIE, libro de familia, certificado de matrícula, declaración de ingresos, xustificantes de aluguer ou hipoteca, entre outros.
O procedemento de concesión será en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta a renda per cápita, e o pago realizarase mediante transferencia bancaria.
Para máis información, consultar as bases completas na sede electrónica do Concello: http://sede.vilagarcia.gal/.




Comments