Ir o contido principal
formacion

Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior 2023/24

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de publicar a Orde do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311B).

O obxectivo destes premios é recoñecer e valorar publicamente o esforzo, o mérito e a excelencia académica do alumnado que rematou estudos de formación profesional de grao superior no ano 2024 cun expediente brillante.

📌 Principais características da convocatoria:

  • Poderanse conceder ata 23 premios, un por cada familia profesional de grao superior implantada en Galicia.

  • Cada premio estará dotado con 1.000 euros e un diploma acreditativo.

  • O alumnado premiado poderá optar posteriormente aos premios nacionais de formación profesional.

  • Requisitos principais:

    • Ter cursado e finalizado estudos de FP de grao superior no curso 2023/24 nun centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Obter unha cualificación final igual ou superior a 8,50.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • O prazo de presentación é dun mes contado desde o día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis información:
👉 Portal educativo da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal
👉 Correo de consultas: premios@edu.xunta.gal
👉 DOG 182

Comments