Ir o contido principal
asociacions

Aberta a convocatoria de subvencións para o fomento da cultura dende as asociacións culturais de Ferrol

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol vén de publicar as bases reguladoras do programa de subvencións dirixido a entidades culturais e asociacións sen ánimo de lucro con sede en Ferrol, para o exercicio 2025.

O obxectivo destas axudas é promover a iniciativa social e fortalecer o tecido asociativo de carácter cultural, favorecendo a participación cidadá, a conservación das tradicións, a igualdade de xénero e o uso do galego en todas as actividades.

👉 Contía: O crédito total dispoñible é de 48.000 €, cun máximo de 6.000 € por entidade e ata o 80 % do orzamento presentado.
👉 Solicitudes: deberán presentarse obrigatoriamente de xeito electrónico a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol: https://www.ferrol.gal/Sede.
👉 Prazo: 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

As bases completas poden consultarse no BOP da Coruña do 22 de setembro de 2025 e na web do Concello de Ferrol.

Comments