Ir o contido principal
cole

Convocatoria de bolsas de apoio á escolarización do Concello de Pontecesures para o curso 2025/2026

O Concello de Pontecesures vén de aprobar, mediante resolución da Alcaldía nº 2025-1041 de data 17/09/2025, as bases reguladoras e a convocatoria das bolsas de apoio á escolarización para o curso académico 2025/2026.

Estas axudas, de pago único, están destinadas a colaborar cos gastos de libros de texto, material escolar, informático e vestiario do alumnado empadroado no municipio. As contías máximas establecidas son:

  • 100 € por menor para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria.

  • 80 € por menor para alumnado de 3º a 6º de Primaria e de Educación Secundaria.

O crédito total destinado a estas bolsas ascende a 2.000 €, con cargo ao orzamento municipal.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A información completa sobre requisitos, documentación, baremo e procedemento pode consultarse na sede electrónica municipal pontecesures.sedelectronica.gal e na web do Concello www.pontecesures.org.

Comments