XIII Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero "Ángeles Alvariño"
A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC convoca o XIII Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño, co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de grao e mestrado e contribuír deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e na docencia.
Poderán presentarse os traballos de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM) defendidos no curso 2024/25 en calquera das titulacións oficiais de grao e mestrado impartidas na UDC.
A documentación entregarase preferentemente a través do rexistro electrónico, dirixindo o formulario de inscrición correspondente a Servizos ‐ Oficina para a Igualdade de Xénero (seleccionando estas opcións no apartado Destinado a* do formulario), para o que se precisa dispoñer dun certificado electrónico emitido pola FNMT.
Tamén pode entregarse presencialmente nos rexistros físicos indicados na convocatoria
Documentación a presentar:
a) O modelo de solicitude, que se inclúe como Anexo 1, debidamente cuberto.
Achegarase nel a ligazón a un cartafol que conterá os seguintes arquivos:
• Documento íntegro do TFG ou TFM que se presenta ao concurso. O ficheiro deberá nomearse <TFG‐apelido1‐apelido2> ou <TFM‐apelido1‐apelido2> segundo corresponda.
• Un resumo do traballo realizado (entre 1500 e 3000 palabras) en que se describan os obxectivos do traballo, metodoloxía e conclusións así como a forma en que se introduciu a perspectiva de xénero no traballo presentado. Nome do ficheiro: <Res‐TFG‐apelido1‐ apelido2> ou <Res‐TFM‐apelido1‐apelido2>, tamén segundo corresponda.
• Copia do DNI escaneado.
b) O consentimiento para a obtención de datos persoais, captación e difusión de imaxes, que se inclúe como Anexo 2, debidamente cuberto e asinado.
Non se admitirán as solicitudes realizadas a través de correo electrónico.
Máis información:
www.udc.gal




Comments