Ir o contido principal
deporte

Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio 2025

O Concello de Bergondo abre a convocatoria pública de subvencións destinadas a deportistas individuais do municipio, menores de 35 anos e/ou que non sexan deportistas máster, co obxectivo de apoiar a súa práctica deportiva e facilitar a participación en competicións de alto nivel durante o ano 2025.

As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, contan cun importe total de 12.000 euros, cun máximo de 750 euros por persoa beneficiaria.

Requisitos principais para solicitar a subvención:

  • Estar empadroado/a no Concello de Bergondo cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos.

  • Dispor de licenza federativa en vigor no momento da solicitude.

  • Acreditar o nivel deportivo acadado na especialidade correspondente.

  • Competir en probas ou eventos deportivos de relevancia autonómica, nacional ou internacional recoñecidos polas respectivas federacións.

  • Estar ao día coas obrigas tributarias e non atoparse en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade recollidos na normativa vixente.

Prazo de solicitudes:

As persoas interesadas dispoñen de dez días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña (nº 181, do 23 de setembro de 2025).

As bases completas poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións

Comments