Subvencións dirixidas ás asociacións veciñais do termo municipal de Lugo.
Convocatoria de subvencións competitivas 2025 da área de participación e servizos para a veciñanza, dirixidas a asociacións veciñais que realizan actividades na esfera da participación social.
Prazo:
Quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Irá dirixida as seguintes liñas de actuación:
- Liña 1. Proxectos de utilidade pública e interese social, orientados á difusión e fomento do asociacionismo, voluntariado e participación cidadá na vida pública do concello, comprendidas no seu ámbito competencial e que o veñan a complementar.
- Liña 2. Gastos de mantemento, pequena reparación e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas para desenvolver dentro do programa anual.
Máis información:




Comments