Ir o contido principal
preorporUDC24

Préstamo ordenadores portátiles - Estudantado UDC curso 25/26

A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade fai pública esta convocatoria de préstamo de ordenadores portátiles destinada ao estudantado matriculado na Universidade da Coruña (UDC) no curso 2025/26 en titulacións oficiais de grao e mestrado que se atope en situación de dificultade e non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas ao longo do curso.

Requisitos:
Estar matriculado nunha titulación oficial de grao ou mestrado, nun centro propio da UDC, durante o curso académico 2025/26, e estar ao corrente do pagamento dos prezos públicos correspondentes. Requírese manter a matrícula todo o curso.
Non dispoñer de ordenador portátil nin dos medios necesarios para a súa adquisición.
Ademais de satisfacer os requisitos anteriores, debe xustificar que se atopa nalgunha das seguintes situacións:
-Ser solicitante de bolsa e cumprir os requisitos económicos establecidos na convocatoria de bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para o curso 2025/26.
-Ter sido beneficiario da axuda da UDC para o estudantado en situación de dificultades económicas no curso 2024/25.
-Ser beneficiario da prestación do ingreso mínimo vital.
-Outras circunstancias que poidan condicionar a situación persoal e socioeconómica da unidade familiar do estudantado.

Máis información:
SAPE UDC
Pavillón de Estudantes - Campus de Elviña (A Coruña)
Tel.: 881 01 19 61
sape@udc.gal
https://www.udc.gal/

Comments