Convocatoria dunha praza de arquitecto/a técnico/a (OEP/2025) no Concello de Vilaboa
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilaboa, en sesión celebrada o 18 de setembro de 2025, aprobou as Bases específicas reguladoras da convocatoria e do proceso selectivo dunha praza de arquitecto/a técnico/a, incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2025 (BOP nº 151, do 11 de agosto).
O proceso selectivo realizarase mediante oposición libre e convócase unha (1) praza de funcionario/a de carreira, grupo A, subgrupo A2, correspondente á escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios.
Requisitos principais
-
Título de grao en Enxeñaría da Edificación ou equivalente que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto/a técnico/a.
-
Estar en posesión do CELGA 4 ou equivalente. No caso contrario, deberá realizarse unha proba específica de galego.
Presentación de solicitudes
O prazo será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou conforme ao artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
O dereito de exame establécese en 27,00 €, que deberán aboarse na conta municipal indicada nas bases.
Proceso selectivo
A oposición constará de catro exercicios obrigatorios e eliminatorios, incluíndo probas teóricas, prácticas e, de ser o caso, unha proba específica de galego.
Ademais, coa resolución final do proceso crearase unha bolsa de emprego temporal, coa finalidade de futuras contratacións de persoal funcionario interino ou laboral temporal.
📌 Podes consultar as bases completas da convocatoria na sede electrónica municipal:
👉 https://vilaboa.sedelectronica.gal




Comments