Ir o contido principal
NATALIDAD

Parada de Sil. Axudas municipais para apoiar a natalidade

O Concello de Parada de Sil vén de aprobar de maneira definitiva a Ordenanza reguladora das bases para a concesión de axudas de apoio á natalidade, tras ser publicada no BOP Ourense nº 161 (25/08/2025) e non recibirse alegacións durante o período de exposición pública.

O obxectivo desta medida é fixar poboación, apoiar ás familias e facilitar os primeiros gastos derivados da chegada dun novo membro, mediante subvencións destinadas ao nacemento, adopción ou acollemento de menores dentro do termo municipal.

📌 Principais características da ordenanza:

  • Axuda de 1.500 € por cada menor, que se aboará en tres prazos (500 € no momento do feito e 500 € en cada unha das dúas anualidades seguintes).

  • Beneficiarios: proxenitores (parellas ou monoparentais) e adoptantes de menores de ata 3 anos.

  • Requisitos: residencia mínima dun ano en Parada de Sil, empadroamento do menor e estar ao corrente coas obrigas tributarias.

  • Gastos subvencionables: produtos de alimentación infantil, roupa, artigos de puericultura, medicamentos non cubertos pola Seguridade Social, entre outros.

  • O procedemento será en réxime de concorrencia non competitiva, atendendo á orde de solicitude ata esgotar o crédito dispoñible.

Esta nova liña de apoio ás familias entrará en vigor tras a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e a convocatoria anual fixará os prazos concretos de solicitude.

Comments