Subvencións destinadas a asociacións culturais en Sober
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes bases as persoas ou entidades, públicas ou privadas xurídicamente constituídas, así coma as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins sinalados coma subvencionables, e que cumpran as seguintes condicións:
– Carecer de fins de lucro.
– Desenvolver as súas actividades no termo municipal de Sober.
– Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Sober
– Non estar incursas en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas no artigo 13 da LXS.
Prazo:
As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de outubro
Solicitudes:
Departamento de Cultura do Concello de Sober en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres ou a través da sede electrónica do Concello de Sober
Máis información




Comments