Ir o contido principal
ENTRENADORA

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para impulsar a formación de mulleres como técnicas, adestradoras, xuízas e árbitras deportivas en 2025

A Deputación de Pontevedra vén de publicar as bases reguladoras dunha nova convocatoria de axudas dirixidas a mulleres que queiran formarse para acceder a postos de técnicas ou adestradoras, xuízas e árbitras no ámbito deportivo. O programa conta cun orzamento de 25.000 euros para o ano 2025.

O obxectivo principal desta iniciativa é favorecer a igualdade real no deporte, incrementando a presenza feminina en equipos técnicos e cargos de responsabilidade, tanto no deporte base como no de elite.

As axudas subvencionarán o 100 % dos gastos de matrícula en cursos e formacións oficiais ou federativas iniciadas en 2025, cun máximo de 600 euros por curso e ata dous cursos por persoa solicitante.

Poderán solicitar estas axudas as mulleres nadas e residentes en concellos da provincia de Pontevedra, ou aquelas empadroadas na provincia desde o 1 de xaneiro de 2025.

As solicitudes deberán presentarse preferentemente de maneira electrónica a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal). O prazo estará aberto ata o 15 de novembro de 2025.

Con esta liña de axudas, a Deputación busca impulsar o talento feminino no deporte e avanzar cara a unha maior presenza das mulleres en todas as facetas da actividade deportiva.

BOPPO

Comments