Convocatoria de axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamento informático do alumnado no curso 2025-2026
O Concello de Mesía convoca axudas dirixidas ao alumnado empadroado no municipio para a adquisición de equipos informáticos destinados ao curso 2025-2026.
Estas axudas teñen como finalidade apoiar ás familias na dotación de recursos tecnolóxicos, reducindo a fenda dixital e favorecendo a igualdade de oportunidades no acceso á educación en todos os niveis (educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional e estudos universitarios en centros públicos ou concertados).
Beneficiarios/as:
Poderán optar a estas axudas os/as estudantes menores de 25 anos, sen ingresos, empadroados/as en Mesía (cun ano de antigüidade), e cuxas unidades familiares teñan unha renda per cápita mensual igual ou inferior a 1,2 veces o IPREM.
Contía das axudas:
-
Inferiores ao 100 % do IPREM: 75 % da factura ata un máximo de 300 €.
-
Entre o 100 % e o 120 % do IPREM: 75 % da factura ata un máximo de 200 €.
As bases completas poden consultarse na web municipal www.concellodemesia.gal e no taboleiro de anuncios do Concello.
Prazo de solicitudes:
Desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ata o 31 de outubro de 2025.
📌 Máis información dispoñible na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS 858235.




Comments