O Concello de Ortigueira abre unha convocatoria para bolsas de profesorado da Escola de Música
O Concello de Ortigueira vén de aprobar as bases reguladoras para a constitución de bolsas de emprego dirixidas a persoal docente da Escola de Música municipal, encadradas no grupo profesional IV do convenio colectivo do persoal do Concello.
As especialidades convocadas son as seguintes:
-
Profesorado de instrumentos de vento-madeira (clarinete, fagot, óboe, saxofón ou frauta traveseira).
-
Profesorado de instrumentos de vento-metal (trombón, trompa, trompeta ou tuba).
-
Profesorado de instrumentos de teclado (piano).
-
Profesorado de gaita.
-
Profesorado de percusión.
-
Profesorado de canto.
O sistema de selección será o de concurso libre, no que se valorará a experiencia profesional e a formación das persoas aspirantes.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. As solicitudes poderán presentarse tanto presencialmente no Rexistro Xeral do Concello (en horario de 9:00 a 14:30 h) como a través da sede electrónica municipal: https://ortigueira.sedelectronica.es/.
Toda a información relativa a requisitos, documentación, méritos, prazos e procedemento de selección pode consultarse no BOP da Coruña e na sede electrónica do Concello de Ortigueira.




Comments