Ir o contido principal
premios

Convocatoria do XII Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade

A Deputación da Coruña vén de publicar a convocatoria das axudas destinadas ao XII Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade (PREM-CA/2025).

Este certame ten como obxectivo deseñar e desenvolver iniciativas educativas que fomenten a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que perpetúan a violencia de xénero, así como promover modelos alternativos baseados no respecto, a igualdade de oportunidades reais entre mulleres e homes, a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.

Beneficiarios/as

Poderán participar centros educativos públicos da provincia da Coruña que impartan algunha das modalidades de ensino recollidas nas bases da convocatoria.

Dotación

A Deputación destina 15.000 € ao premio, distribuídos en tres galardóns de 5.000 € cada un, segundo a modalidade:

  • Educación infantil

  • Educación primaria

  • Educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e de grao medio

Presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP da Coruña ata as 14:00 horas do 30 de outubro de 2025.

Toda a tramitación realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

📄 As bases completas están dispoñibles no BOP nº 175 do 15 de setembro de 2025 e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Comments