Convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo/a reservada a persoas con discapacidade no Concello de Sada
O Concello de Sada aprobou, mediante Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025 do 23 de setembro, as bases específicas para a selección, polo sistema de oposición, dunha praza de auxiliar administrativo/a (Escala de Administración Xeral, subescala auxiliar, grupo C2). Esta praza está reservada a persoas con discapacidade e forma parte da Oferta de Emprego Público 2024.
O proceso selectivo constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:
-
Un cuestionario tipo test.
-
Un suposto ou supostos prácticos.
-
Unha proba de coñecementos de informática a nivel usuario.
Ademais, será necesaria a acreditación do nivel de lingua galega CELGA 3 (ou equivalente), ou a superación dunha proba de coñecemento da lingua.
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude conforme ao modelo dispoñible na web municipal (www.sada.gal) ou nas dependencias municipais, achegando a documentación establecida nas bases xerais. O prazo de presentación e as taxas (10 €) serán os previstos nas bases xerais da convocatoria.
Máis información no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP núm. 185, do 29 de setembro de 2025).




Comments