Ir o contido principal
material

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar en Cervo – Curso 2025/2026

O Concello de Cervo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 224, de 29 de setembro de 2025) a convocatoria de axudas sociais dirixidas ás familias con fillas e fillos en idade escolar, para contribuír aos gastos de inicio do curso 2025/2026 en concepto de libros e material escolar de Educación Infantil (2º ciclo).

As bases reguladoras da convocatoria están dispoñibles na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 858210): Consulta aquí.

Requisitos principais:

  • Estar toda a unidade familiar empadroada e con residencia efectiva no Concello de Cervo.

  • Ter fillas/os cursando Educación Infantil (2º ciclo, de 3 a 5 anos) no CEIP Cervo ou no CEIP Península da Paz no curso 2025/2026.

  • Cumprir cos límites de renda establecidos nas bases.

  • Estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como non ter subvencións pendentes de xustificación co Concello.

Contía das axudas:

  • Renda per cápita igual ou inferior ao IPREM (ata 7.200 €/ano): 130 € por alumno/a.

  • Renda per cápita superior ao 100% e inferior ao 150% do IPREM (7.200 € a 10.800 €/ano): 100 € por alumno/a.

O crédito máximo dispoñible ascende a 2.000 €.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cervo ou por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.
O prazo é de 15 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

Comments