Convocatoria para a creación dunha listaxe de agarda de profesorado de clarinete no CMUS de Carballo
O Concello de Carballo vén de aprobar, mediante Resolución da Alcaldía núm. 2779/2025 (25/09/2025), as bases reguladoras da convocatoria pública do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de persoal laboral temporal a tempo parcial destinada á cobertura de prazas de Profesor/a de Clarinete no Conservatorio Profesional de Música (CMUS).
O sistema de selección será concurso-oposición, e as retribucións corresponderanse co Grupo II (asimilado a A2; Nivel 22), en función da xornada realizada.
🔹 Prazo de presentación: 5 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
🔹 Solicitudes: preferentemente a través da sede electrónica municipal (www.sede.carballo.gal).
🔹 Requisitos principais: título superior de música ou equivalente na especialidade de clarinete, e acreditación de coñecemento de galego (CELGA 4 ou equivalente).
As bases completas da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro da sede electrónica e na web do Concello de Carballo (www.carballo.gal).




Comments