Ir o contido principal

Convocatoria de dúas prazas de Persoal Técnico de Administración Xeral no Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol abre o prazo de solicitude para a cobertura de dúas prazas de Persoal Técnico de Administración Xeral, por quenda libre, encadradas na Escala da Administración Xeral, Subescala Técnica, Grupo A, Subgrupo A1, derivadas da Oferta de Emprego Público do ano 2025.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes durante 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). A presentación de solicitudes realizarase preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Ferrol, aínda que tamén se poderá facer de forma presencial segundo o previsto na Lei 39/2015.

Entre os requisitos destacan:

  • Titulación universitaria oficial de Grao ou equivalente, incluídas licenciaturas, enxeñerías ou arquitectura.

  • Coñecemento da lingua galega: Celga IV ou equivalente. As persoas que non o acrediten deberán superar unha proba de galego.

O proceso selectivo será por oposición e constará de varios exercicios, incluíndo test, desenvolvemento de temas específicos, supostos prácticos e proba de coñecemento da lingua galega.

A taxa de exame é de 57,55 €, agás para persoas desempregadas durante, polo menos, os 6 meses anteriores á publicación da convocatoria.

Toda a información detallada, bases específicas e modelos de solicitude están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na sede electrónica do Concello de Ferrol.

Comments