O Concello de Oroso aproba a bolsa de emprego para Educador/a Social
O Concello de Oroso ven de aprobar as bases para a creación dunha bolsa de emprego para o posto de Educador/a Social, co obxectivo de cubrir temporalmente a praza cando sexa necesario, garantindo así a continuidade dun servizo esencial para a veciñanza.
A convocatoria realizarase mediante procedemento de oposición libre, permitindo a selección de funcionarios/as interinos/as para cubrir vacantes temporais, substitucións ou programas de carácter temporal.
Os/as aspirantes deberán cumprir requisitos como nacionalidade española ou UE, idade mínima de 16 anos, titulación en Educación Social ou habilitación equivalente, e carné de conducir B. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
A documentación deberá presentarse no rexistro xeral do Concello de Oroso ou a través da Sede Electrónica: https://sede.oroso.gal/sxc/gl/
Para máis información, consultar as bases completas no taboleiro electrónico de anuncios do Concello: https://sede.oroso.gal/sxc/gl/informacion/.




Comments