Ir o contido principal
deporte

Convocatoria de subvencións para entidades deportivas 2024-25 en Pontedeume

O Concello de Pontedeume publica a convocatoria de subvencións por concurrencia competitiva a clubs e entidades deportivas municipais para o fomento e promoción da educación física e do deporte durante o curso 2024-25.

O obxecto destas axudas é apoiar a realización de actividades deportivas, incluíndo aquelas que impliquen contacto con menores, sempre garantindo o cumprimento das normativas de seguridade e responsabilidade civil. A cuantía total destinada a estas subvencións ascende a 60.000 €, con cargo ao orzamento municipal 2025 (aplicación 341-48001).

Beneficiarios: Clubs e entidades deportivas con domicilio fiscal ou social no termo municipal de Pontedeume que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Entre outros, deberán estar ao corrente das obrigas tributarias e de Seguridade Social, contar con seguro en vigor para as actividades deportivas e, se traballan con menores, garantir que o seu persoal non ten antecedentes por delitos sexuais.

Prazo de presentación: O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais desde o día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A convocatoria completa está dispoñible na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), Identif.: 858587: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/858587

Para máis información e consulta dos anexos necesarios para a solicitude, pode acudirse á sede do Concello ou consultar a documentación na BDNS.

 

Comments