Axudas para o transporte escolar de alumnos do Concello de Cervo fóra do termo municipal – Curso 2024/2025
O Concello de Cervo publica as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o transporte escolar de estudantes que cursen estudos fose do termo municipal durante o curso 2024/2025. O obxecto destas axudas é apoiar ás familias con fillos e fillas que estuden en centros sostidos con fondos públicos cando estes estudos non estean dispoñibles no municipio.
Beneficiarios:
-
Alumnado con idade inferior a 30 anos.
-
Toda a unidade familiar debe estar empadroada no Concello de Cervo.
-
Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos e ter presentado polo menos o 50% das materias correspondentes.
-
Non superar os límites de ingresos establecidos.
-
Estar ao día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, sen subvencións pendentes de xustificación.
-
Non incorrer en prohibicións para obter subvención segundo a lexislación vixente.
Contía das axudas:
-
Renda per cápita ≤ 150% IPREM (ata 10.800 €): 250 €
-
Renda per cápita ≤ 200% IPREM (ata 14.400 €): 150 €
O crédito máximo desta convocatoria é de 12.000 €.
Presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cervo, Praza do Concello s/n, ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015. O prazo para presentar solicitudes será de 15 días desde a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 225, 30/09/2025).
As bases completas están dispoñibles na Base de Datos Nacional de Subvencións aquí e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cervo aquí.




Comments