Convocatoria da prestación social municipal para transporte escolar no Concello de Boimorto
O Concello de Boimorto abre a convocatoria da prestación social municipal destinada a axudar ás familias a afrontar os gastos de transporte escolar no curso académico 2024-2025.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas (pai, nai ou titor/a legal) de nenos e nenas que cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.
A subvención, regulada pola ordenanza municipal publicada no BOP núm. 183 de 26/09/2019, establece unha axuda de 250 euros por alumno/a e curso, cun crédito total de 3.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 326.48900.
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O prazo é de carácter improrrogable.
🔗 Consulta aquí a convocatoria completa na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS 859103
🔗 Bases reguladoras: BOP A Coruña 26/09/2019




Comments