O Concello do Rosal convoca unha praza de limpador/a de edificios municipais
O Concello do Rosal publicou as bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de persoal laboral fixo de limpador/a de edificios municipais, correspondente á Oferta de Emprego Público 2024.
A convocatoria realizarase mediante o sistema de oposición, con probas teóricas, prácticas e de coñecemento do galego, e permitirá a creación dunha bolsa de emprego para futuras necesidades.
As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos:
-
Ter nacionalidade española ou doutros Estados con dereito ao acceso á función pública.
-
Ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade de xubilación forzosa.
-
Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
-
Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.
-
Acreditar coñecementos de galego (CELGA 2 ou equivalente).
-
Aboar unha taxa de 12,00 € en concepto de dereitos de exame.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As solicitudes poderán presentarse preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello do Rosal (https://orosal.sedelectronica.es), ou de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello, ademais das vías previstas na normativa administrativa.
Toda a información, incluíndo o programa do proceso selectivo, pode consultarse na Sede Electrónica do Concello do Rosal.
BOP Pontevedra




Comments