Convocatoria para a cobertura de dúas prazas de electricista no Concello de Vilalba
O Concello de Vilalba vén de aprobar, mediante Decreto da Alcaldía número 2025-1107 de data 25 de setembro de 2025, as bases e a nova convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de electricista, coa creación dunha lista de agarda.
A convocatoria enmárcase no Programa de Reforzo do Emprego incluído no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025, financiado pola Deputación Provincial de Lugo.
As principais condicións son as seguintes:
-
Número de prazas: 2 electricistas (Grupo IV, segundo o Convenio do persoal laboral do Concello de Vilalba).
-
Relación xurídica: persoal laboral temporal.
-
Duración dos contratos: 6 meses cada un, en réxime de xornada completa (37,5 horas semanais).
-
Retribución bruta: 1.798,06 € mensuais (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
-
Sistema de selección: concurso de méritos.
-
Prazo de solicitude: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 226, do 1 de outubro de 2025).
Os interesados deberán presentar a solicitude no modelo oficial dispoñible no Concello de Vilalba, ben a través do Rexistro Xeral Electrónico ou mediante as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
Toda a información detallada, incluíndo requisitos, documentación que debe acompañar a solicitude e baremo de méritos, pode consultarse nas bases publicadas no BOP de Lugo.




Comments