Ir o contido principal
deporte

Convocatoria de subvencións para entidades deportivas en Malpica de Bergantiños 2025

O Concello de Malpica de Bergantiños, mediante a Resolución da Alcaldía nº 512/2025 de data 25 de setembro, vén de aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas ao fomento das actividades deportivas das entidades do municipio durante o ano 2025.

As axudas, cun importe global de 20.000 €, teñen como obxectivo apoiar as asociacións e clubes deportivos legalmente constituídos que promovan actividades deportivas e recreativas, así como a participación en campionatos federados.

Quen pode solicitar a subvención?

Poderán optar ás axudas as entidades deportivas sen ánimo de lucro con sede en Malpica de Bergantiños, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e que estean ao día nas súas obrigas tributarias.

Gastos subvencionables

  • Actividades de promoción deportiva.

  • Participación en competicións federadas.

  • Gastos de funcionamento, mantemento e reparacións menores.

  • Publicidade e materiais gráficos en galego.

Non se subvencionarán gastos en bebidas alcohólicas, carburantes, alimentación nin viaxes que non teñan carácter exclusivamente deportivo.

Prazo de solicitude

As solicitudes deberán presentarse a través do Rexistro Telemático do Concello (sede electrónica) no prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 188, do 2 de outubro de 2025).

Máis información

As bases completas están dispoñibles no BOP e na sede electrónica do Concello.

Comments