Convocatoria de subvencións para o fomento do deporte individual en Malpica 2025
O Concello de Malpica vén de aprobar, mediante Resolución da Alcaldía núm. 518/2025 do 29 de setembro, a convocatoria e as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas ao fomento do deporte individual durante o ano 2025.
O obxectivo destas axudas é apoiar a práctica deportiva a nivel individual, favorecendo o desenvolvemento deportivo local e impulsando a participación en competicións de relevancia autonómica, nacional e internacional.
Beneficiarios
Poderán optar ás subvencións os deportistas individuais empadroados en Malpica cunha antigüidade mínima de dous anos, que compitan en probas oficiais recoñecidas polas federacións deportivas e que acrediten o seu nivel deportivo.
Prazo de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Malpica (http://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html) no prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Importe das axudas
O importe global destinado a esta convocatoria ascende a 5.000 €, cun máximo de 2.000 € por solicitude.
As bases completas, cos requisitos, documentación a presentar e criterios de valoración, están dispoñibles no BOP da Coruña do 2 de outubro de 2025 e na sede electrónica municipal.
📌 Máis información: sede.malpicadebergantinos.es




Comments