Ir o contido principal

Selección por concurso-oposición libre dun/ha orientador/a laboral no Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior abre un proceso selectivo para cubrir interinamente, mediante concurso-oposición libre, un posto de orientador/a laboral dentro do “Programa de orientación laboral do Concello de Soutomaior”, cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia (código de procedemento TR331A).

O proceso de selección rexerase polas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 29 de setembro de 2025, que establecen os requisitos, sistema de selección e funcións do posto ofertado.

Principais características da praza:

  • Denominación do posto: Técnico/a orientador/a laboral.

  • Grupo: A2.

  • Xornada: Completa.

  • Duración: ata a finalización do programa, perda da subvención ou un máximo de 3 anos.

  • Retribucións: as previstas no orzamento municipal de 2025 para o grupo A2.

Funcións:

As tarefas estarán vinculadas ás actividades de orientación laboral recollidas na Orde do 27 de decembro de 2024, incluíndo elaboración de itinerarios personalizados, titorización individual, asesoramento en procura de emprego, apoio ao autoemprego e emprendemento, e coordinación coa rede de orientación laboral de Galicia.

Requisitos principais:

  • Nacionalidade española ou dalgún Estado con dereito de acceso ao emprego público en Galicia.

  • Idade mínima de 16 anos.

  • Titulación universitaria (grao, diplomatura ou equivalente).

  • Acreditación de coñecemento de galego (CELGA 4 ou proba equivalente).

  • Non estar inhabilitado/a para o acceso ao emprego público.

  • Ingreso da taxa de participación (22,65 €).

Presentación de solicitudes:

  • Prazo: 10 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO.

  • Lugar de presentación: preferentemente a través da Sede electrónica do Concello de Soutomaior (https://soutomaior.sedelectronica.es) ou nos rexistros habilitados segundo a normativa.

Toda a información, así como as bases completas da convocatoria, poden consultarse no taboleiro de edictos da Sede electrónica municipal:
👉 https://soutomaior.sedelectronica.es

Comments