Convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar 2025/2026 no Concello de Aranga
O Concello de Aranga abre o prazo para solicitar as axudas destinadas á adquisición de material escolar para o curso 2025/2026, dirixidas ás familias con nenos e nenas matriculados en educación infantil e primaria no centro público do municipio.
A convocatoria, publicada no Boletín Oficial da Provincia e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 857129), establece unha contía máxima de 85 euros por alumno/a e curso.
Beneficiarios/as
Poderán solicitar estas axudas as familias que cumpran os seguintes requisitos:
-
Estar empadroados no Concello de Aranga (polo menos un proxenitor/titor legal e o/a menor beneficiario/a) con unha antigüidade mínima de 6 meses, salvo excepcións acreditadas pola educadora familiar.
-
Ter a garda e custodia do/a menor.
-
Que o/a menor estea matriculado/a en educación infantil ou primaria no centro público do concello.
-
Estar ao día no pagamento dos tributos municipais.
Obxecto da axuda
Estas axudas teñen como finalidade apoiar ás familias na compra de material escolar necesario para o desenvolvemento do curso académico, incluíndo mandilóns, chándales, material informático, máscaras e outros recursos esixidos polo centro educativo.
Prazo de presentación
As solicitudes poderán presentarse no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases reguladoras atópanse dispoñibles no Taboleiro de edictos da sede electrónica do Concello de Aranga.
📌 Máis información: Consulta na BDNS




Comments