Convocatoria extraordinaria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar no curso 2025/2026 en Nigrán
O Concello de Nigrán vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía do 22 de setembro de 2025, unha convocatoria extraordinaria de axudas destinada ás familias con fillos e fillas matriculados na segunda etapa de Educación Infantil en centros públicos do municipio.
O obxectivo desta medida é contribuír á adquisición de libros de texto e/ou material escolar para o curso 2025/2026, cunha contía máxima de 65 € por cada neno ou nena beneficiario/a.
As familias solicitantes deberán estar empadroadas e residir de maneira efectiva en Nigrán, ademais de cumprir cos requisitos económicos establecidos nas bases. En total, o orzamento destinado ascende a 2.075,00 €, con cargo ao orzamento municipal.
📅 Prazo de solicitude
O prazo de presentación será de 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
📍 Lugar de presentación
As solicitudes deberán rexistrarse no Rexistro do Concello de Nigrán, conforme o previsto na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común.
Toda a información completa pode consultarse no BOP de Pontevedra do 28 de xullo de 2025 e na Base de Datos Nacional de Subvencións.




Comments