Convocatoria dun posto de auxiliar administrativo/a para o seguimento dun plan formativo de atención sociosanitaria
O Concello da Laracha publica as bases da convocatoria para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a encargado/a do seguimento e control do plan formativo da especialidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208)”, dirixido a persoas traballadoras desempregadas e incluído no Plan formativo para o emprego da Comunidade de Galicia.
Entre as principais funcións da praza destacan a colaboración co persoal formador, a xestión administrativa e documental da acción formativa, o control de asistencias e rendementos do alumnado, así como o apoio na organización e bo funcionamento do programa.
A praza ofrécese mediante contrato de duración determinada a tempo completo (37,5 horas semanais), cunha duración aproximada de 5 meses e unha retribución mensual bruta de 1.489,95 euros. O contrato estará condicionado á concesión da subvención segundo a Orde do 8 de xullo de 2025 e á posta en marcha do curso.
As persoas interesadas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
-
Ter o título de ESO ou equivalente.
-
Acreditar o coñecemento da lingua galega (CELGA 3 ou equivalente).
-
Estar inscritas como demandantes de emprego.
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP da Coruña (n.º 191, de 7 de outubro de 2025).
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Laracha, a través da sede electrónica municipal (https://sede.alaracha.gal) ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015.
📎 Máis información e bases completas dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP núm. 191, 7/10/2025) e na sede electrónica do Concello da Laracha.




Comments