Ir o contido principal
setas

Concurso escolar “O mundo da micoloxía” – Feira de fungos e cogomelos 2025

O Concello das Pontes de García Rodríguez convoca unha nova edición do Concurso escolar “O mundo da micoloxía”, enmarcado na tradicional Feira de fungos e cogomelos 2025, co obxectivo de fomentar entre o alumnado o coñecemento e respecto polo medio natural a través do fascinante universo dos fungos.

A través deste certame, os nenos e nenas de educación infantil e primaria dos centros escolares do municipio poderán amosar a súa creatividade mediante debuxos, pinturas, composicións, fotografías ou modelados, sempre arredor da temática “Os fungos e cogomelos e o seu entorno”.

Os traballos deberán realizarse en grupos de mínimo cinco alumnos ou por colectivos de aula, nivel ou ciclo, non admitíndose obras individuais. Cada centro poderá presentar ata 15 traballos por categoría (infantil e primaria) e deberán entregarse no Soto da Casa Dr. Dopeso ata o 10 de outubro ás 12:00 horas.

🎨 Premios

Establécense os seguintes galardóns en material educativo:

  • Educación Infantil: 200 €, 150 € e 100 €

  • Educación Primaria: 200 €, 150 € e 100 €

  • Mención especial Cartel Feira 2025: 250 €
    O traballo seleccionado nesta categoría converterase no cartel oficial da Feira de fungos e cogomelos 2025.

A exposición das obras poderá visitarse entre o 21 de outubro e o 15 de novembro, en lugar aínda por determinar, e a entrega de premios celebrarase o domingo 2 de novembro, ás 12:30 h na Praza de América.

📜 Bases completas

As bases completas da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 191, 7 de outubro de 2025).

Para máis información, o alumnado pode dirixirse ao seu centro educativo ou ao Concello das Pontes de García Rodríguez.

Comments