O Concello de Xove convoca as axudas ao estudo para o curso 2025-2026
O Concello de Xove publicou a convocatoria das axudas ao estudo para o curso 2025-2026, dirixidas a apoiar ao alumnado e ás familias do municipio na cobertura dos gastos derivados da formación académica.
A convocatoria, aprobada mediante Resolución de Alcaldía nº 2025-1659 do 24 de setembro de 2025, tramítase en réxime de concorrencia non competitiva, e o seu extracto pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 7 de outubro de 2025 e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 859793).
As persoas interesadas deberán estar empadroadas e residir efectivamente no Concello de Xove, salvo nos casos de independencia económica acreditada.
Modalidades de axuda
A convocatoria inclúe seis modalidades:
-
Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con ata 1.200 €.
-
Axudas para ciclos formativos que se cursen en especialidades inexistentes en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con ata 600 €.
-
Axudas para alumnado con discapacidade física ou psíquica, de ata 750 €.
-
Axudas para compra de material escolar, con contías entre 60 € e 125 € segundo o nivel educativo.
-
Axudas para estudos de doutoramento, de ata 1.200 €.
-
Axudas para máster, de ata 500 €.
As bases completas poden consultarse na sede electrónica do Concello de Xove:
👉 https://xove.sedelectronica.gal/transparency/676b7e81-659d-4cf9-9e3b-9b3918520218/
Prazo de solicitude
O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da data de publicación do extracto da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións.
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Xove ou nas dependencias de Servizos Sociais municipais.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Xove.
🗓️ Data da convocatoria: 30 de setembro de 2025




Comments